Saturday 27 de April de 2024

Alternativa dos Veciños facilita o modelo de alegación á veciñanza afectada por proxectos eólicos


Alternativa dos Veciños de Arteixo facilitou alegación a veciñanza contra os proxectos eólico Pedra Queimada e da infraestrutura de evacuación do parque eólico Monteagudo. Representantes de Alternativa dos Veciños percorreron onte a parroquia de Monteagudo para informar a veciñanza e facilitar centos de alegacións contra o proxecto do parque eólico Pedra Queimada e do proxecto da infraestrutura de evacuación do parque eólico Monteagudo.

“O gran problema que envolve estes proxectos, é a gran desinformación que existe entre a cidadanía afectada sobre os prexuízos que poden chegar a causar. Os proxectos eólicos que pretende desenvolver a empresa Acciona e que afectan ao termino municipal de Arteixo, serian gravemente prexudiciais para o medio ambiente natural do municipio, deixaría a numerosas vivendas expostas a radiacións e afectaría por centos de parcelas atravesadas” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa dos Veciños en Arteixo.

“O Goberno Municipal debería actuar con moita máis firmeza ante estas. O que non pode facer o Goberno, é dicir unha cousa diante dos veciños e outra cando se reúne cos representantes das empresas promotoras.

O equipo de goberno mostra indignación e rexeitamento diante dos veciños, pero logo nas reunións que manteñen coas empresas non teñen a mesma postura” matiza Juanfran Martínez.